Imágenes cementerio «covas da raposa»:

Entrada
Localización:
https://www.crtvg.es/informativos/conecemos-como-funciona-o-unico-cemiterio-para-mascotas-de-galicia-5200160
«O cemiterio de mascotas de Covas da Raposa, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, é o primeiro que se montou en Galicia e, polo momento, o único que existe. Hai empresas que prestan outros servizos, como crematorios ou nichos para urnas, pero cemiterio, como tal, só existe este en Galicia. Fundouno unha clínica veterinaria para darlles o servizo aos seus clientes, unha vez que tiñan que despedirse das súas mascotas.
O único que diferencia este cemiterio dos que estamos acostumados a ver é o tamaño dos nichos. Moitos levan tamén a súa lápida, os últimos desexos e ata unhas flores.
Héctor Gómez, veterinario de Anicura Abros: «Xente que lle pon a lápida, que vén periodicamente traerlle flores, o seu xoguete favorito… veñen ata aquí, están con eles o tempo que precisen, e é unha forma de recordalos».
Nunha das tumbas xace Abritos, a mascota da clínica veterinaria que fundou o cemiterio. Viviu con eles máis de quince anos e segue figurando na páxina web como relacións públicas da empresa.
«Este gato chegou atropelado á clínica no 1997, con só dous meses, conseguimos sacalo adiante e viviu con nós ata o 2013», comenta Héctor.
Fundaron o cemiterio no ano 99, para darlleS unha alternativa ás familias que non sabían que facer cando lleS daban o derradeiro adeus ás súas mascotas.
«Bufff. É moi triste: chegas á casa e estabas acostumado a que estivera alí, que viñera saudarte… e de repente non está. Están as súas cousas, pero non está a mascota», comenta Ofelia, dona dunha mascota.
Coma o resto de cemiterios, o de mascotas precisa licenza municipal e debe reunir unha serie de condicións, desde unha distancia mínima con respecto a vivendas e cursos fluviais ata o rexistro de todos os soterramentos.»
Fonte: crtvg
Contacto:
988 242 266
abroshospital@gmail.com
No responses yet