Estamos a piques de estrear o verán, unha das estacións nas que màis poderemos disfrutar dos nosos amigos de catro patas, mais horas de luz, calorciño que fai máis agradables os paseos mañaneiros e sobor de todo quen mais e quen menos disporá dunhas muy merecidas vacacións. Para aproveitar o noso tempo libre cos nosos cans  e evitar os molestos e as veces perigosos problemas de pel que poden xurdir nestas datas, faremos un pequeno resumo das doenzas dermatoloxicas e os  coidados, para evitalas, que deberemos prestar os nosos amigos caninos.

   Prevención da leishmaniose: se ata fai ben poucos anos esta enfermidade era una descoñecida para a maioría dos propietarios de cans da nosa cidade, por desgracia cada vez é màis doado atopar casos de cas propios ou coñecidos afectados ou no peor dos casos mortos por esta doenza. Sabemos que a época de calor é a máis perigosa para o contaxio do parasito que sempre vai a ser inoculado nos nosos cans por unha picadura de mosquito. Ata que se atopen tratamentos  eficaces o cen por cen ou vacunas cunha eficacia comparable a de outras enfermedades, a millor prevención é tentar evitar que os mosquitos piquen  as nosas mascotas. A teoria dice que non debemos pasear a primeira hora da maña ou derradeira da tarde, non preto de zonas humidas como ríos ou lagoas…..claro que en Ourense pasear  en xullo o can polo monte as tres da tarde non é tampouco o máis apropiado nin para a saude do can nin para a nosa…así que poderemos botar man das mosquiteras nas ventás en cans que vivan en interior e o millor que hai ata dagora tanto para os que viven dentro coma os de fora da casa son os “repelentes  de mosquitos caninos” que hai no mercado, collares, pipetas….dende marzo ata outubro son os mellores aliados na prevención desta grave doenza. Podes leer mais sobre leishmaniose en : https://elblogdeabritos.wordpress.com/2011/07/14/leishmaniosis-un-peligro-latente/

   Infestación por pulgas e carrachos: se ven pode non semellar algo tan perigoso como a leishmaniose  o aumento da “actividade” e do número de parásitos nestas épocas de calor pode desencadear moitos problemas xa non estéticos, cando o can se nos para na rúa para rañarse, senón  alerxias, feridas, dor, picazón e en casos de infestazons graves , anemias e contaxio de parasitos hematicos. Como no caso anterior o uso de bos productos antiparasitarios  que o veterinario lle aconsellará según cada tipo de pelo e dependendo dos hábitos e zonas nas que vivan os animáis será suficiente para evitar contacto con estos indeseables inquilinos. Podes leer mais acerca das enfermedades transmitidas por carrachos en : https://elblogdeabritos.wordpress.com/2014/05/08/enfermedades-transmitidas-por-garrapatas/

foto 2-2

   Os eccemas: tamén chamados parches de verán, se ven poden atoparse noutras épocas do ano, o calor e a humidade proporcionan a paisaxe desexada polas bacterias causantes desta dolorosa e alarmante enfermidade dermatoloxica. O comenzo de supeto , a dor, a picazón e a forma de medrar, (din que poden doblar o seu tamaño cada 24 horas) fan de estas feridas cos típicos síntomas de pelo apelmazado e humido, lamido constante, dor o tentar tocalos, unha das consultas mais frecuentes na consulta do dermatólogo veterinario no verán, o tratamento que soe incluir un antiestético rasurado, medicación a base de corticoides, nalgúns casos antibióticos  , aplicación  de pomadas, locions e unguentos so se pode evitar cuns coidados básicos, sobor de todo naquelas razas mais predispostas como son os cans de pelo largo e preto ou naqueles os que lles gustan os chapuzóns sin secado……un bo cepillado, un bo secado e unha vigilancia para detectar as primeriras fases en cans propensos poden evitarnos moitos disgustos.

   Os cans e o sol: Ainda que os veterinarios estamos a ver un crecente númerode enfermedades  caninas da pel relacionadas coa exposición o sol  o certo e que a protección natural do pelo  que  bloquea a luz solar e protexe a pel contra os raios ultravioletas, así como a pel oscuras de moitos deles con concentracións elevadas de melanocitos e sobor de todo o senso común que teñen de evitar a exposición directa o sol fan que as queimaduras e os problemas provocados polo sol sexan unha porcentaxe reducida dos problemas dermatoloxicos do verán. Ainda así, cans con pigmetación de pel clara, rasurados de pelo excesivos nesta época ou certas razas como dálmatas ou bullterries brancos son particularmente vulnerables. As precaucións que debemos tomar para reducilos riscos incluirían aplicar pantallas solares  sobre os lugares donde a pigmentación e mais débil ou donde non haxa moito pelo como o nariz, as orellas, poden ser productos “water Proof.” Para evitar que perdan eficacia o primerio  relamido.Evitar as horas de máis forza do sol (entre as 12h e as 16h), non rasurar en exceso o pelo, nos esquezamos que o pelo fai de aislante do frío no inverno e do calor no veran.De todolos xeitos, si crees que o teu can pode ter algún problema de pel producido polo sol non tardes en consultalo co teu veterinario.

No permitas que el verano sea un problema, !Protégelo del calor¡

No permitas que el verano sea un problema, !Protégelo del calor¡

   A praia: si temos a sorte de disfrutar dun agradable baño no mar coa nosa mascota nunca esqueceremos  aclarar con auga doce o sal e as areas unha vez, rematado xa que si deixamos a salitre  en contacto coa sua pel provocará picazón e o rañarse aumenta o risco  de que padezan por exemplo os eccemas humidos dos que falabamos antes. Un bo cepillado e secar ben o pelo tamén axudará a evitar problemas. Xa para rematar diriamos que un cepillado mais a miudo e a fondo para evitar nus que fan que a pel non se airee e poda sufrir alteracións, un lavado que si vai ser mais frecuente debe ser con productos axeitados que non irriten a pel e unhas normas básicas de senso común nas horas e zonas de paseo farán deste verao un tempo de disfrute inesquencible xunto as nosas mascotas peludas.

Marta Fernández Llano
Veterinaria Hospital Veterinario Abros

2 Responses

  1. Hola, Ana, estas en lo cierto. Hay un producto nuevo para proteger de la radiacion solar zonas despigmentadas de la piel de perros y gatos, que nos ayudan a prevenir canceres derivados de la radiacion UV solar, como los carcinomas de celulas epiteliales. Si necesitas mas información no dudes en llamarnos.
    Un saludo
    Abritos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Política de privacidad
preloader