A ENFERMIDADE OCULAR DO PASTOR ALEMÁN.
Unha das enfermedades oculares que se manifestan máis no verán é a chamada queratitis superficial crónica ou pannus.
Trátase dunha inflamación granulomatosa da córnea, que é a parte máis externa do globo ocular, que en vez de ser transparente e sen vasos sanguíneos vóltase como con un aspecto primeiro de tipo rojizo pola aparición de vasos sanguíneos, unha cor azulada-blanquecina e por último remata sendo de cor negruzca por acumulación de pigmentos que avanzan a través de eses vasos sanguíneos que se foron formando nunha zona onde non debería habelos.
Afecta fundamentalmente ó Pastor Alemán e os seus cruces, aínda que se describiu con frecuencia noutras razas como Borzoi, Border Collie e Teckel. Sin embargo, pódese diagnosticar ocasionalmente en casi calquera raza de cans.
Aínda que a causa que produce esta patoloxía é desconocida, está ampliamente aceptado o feito de que se trata dunha enfermidade inmunomediada, quizás como resposta de rechazo do organismo (neste caso da córnea do ollo) á luz ultravioleta do sol. Probablemente tamén existan outras causas e en combinación apareza o proceso, como pode ser a xenética (hereditaria), hipersensibilidade, etc.
Os signos clínicos son bilaterales, aínda que a evolución dun e outro lado pode ser cunha velocidade diferente, dando lugar a unha progresiva vascularización superficial e pigmentación, xeralmente empezando nun lateral (área temporal) e progresando hacia o centro. Se se deixa evolucioar pode chegar a afectar a toda a córnea e provocar cegueira do animal. É un proceso non ulcerativo e non doloroso. Tamén pode observarse un certo grao de engrosamento da terceira pálpebra e cando afecta só a esta parte chámase plasmoma.
A apariencia das lesións e os datos clínicos soen ser suficientes para o diagnóstico, se ben poden facerse citoloxías ou biopsias corneais nos casos dudosos observándose unha inflamación linfoplasmocitaria.
A queratitis pigmentaria ou pannus non se pode curar. Sen embargo, pode mellorarse e controlarse que o obxectivo cando se instaura tratamento nestes casos con un tratamento crónico de por vida e controis veterinarios.
No Pastor Alemán canto máis cedo sexa a idade de aparición, máis severa será a súa evolución e peor será a súa resposta ó tratamento. O proceso será máis suave e de mellor resposta despois dos 5-6 anos do paciente e sobre todo se éste vive en zonas de baixa altitude.
Existen diferentes tipos de tratamentos e a súa combinación, dende medicación subconxuntival posta polo veterinario ata medicación que o propietario ten que poñer na casa, sobre todo básase en ciclosporina A tópica (tratamento de elección) e corticoides tópicos, subconxuntivais, sistémicos, etc en función de cada caso. Tamén existen outros tratamentos alternativos como as radiacións beta e cirúrxicos como a queratectomía superficial. Ésta última debe facerse despois dun longo tratamento previo co que haberá que continuar despois da cirurxía, debe reservarse para pacientes con serios problemas visuais.
A maioría dos pacientes permanecerán sempre con un certo grao de vascularización e/ou pigmentación. O importante é conseguir un control que permita unha visión adecuada do animal e un bloqueo adecuado da progresión da enfermidade. O tratamento ten que ser de por vida, con variacións en canto a frecuencia e tipo de tratamento, pero non debe interrumpirse pois esto favorecerá a recidiva cunha maior agresividade. Debe evitarse, na medida do posible, a exposición do animal ós raios solares e moitas veces sería útil para tal fin utilizar gafas especiais para protexer os ollos do sol.
Lorena Pérez Fernández .
Veterinaria oftlamóloga
Hospital veterinario Abros
No responses yet